Saída á neve
Fecha: 2013-02-22
As concellerías de Xuventude e de Deporte do Concello do Grove están a organizar unha “saída á neve” á estación de San Isidro (Puebla de Lillo, León) durante a fin de semana do 9 e 10 de marzo de 2013. A finalidade desta excursión é coñecer unha estación invernal de alta montaña e, para moitos dos participantes, iniciarse na práctica do esquí.
Está pensada para todo tipo de público e niveis de esquí: iniciación, medio e experto. Serán impartidas 3 horas de clase cada día (3 3), en grupos homoxéneos de 10 persoas como máximo, por monitores homologados da escola nacional de esquí. Todos aqueles menores de idade que decidan participar nesta actividade deberán facelo coa autorización dos seus titores e baixo a tutela dun adulto que eles designen.
O itinerario da viaxe sería o seguinte:
Sábado día 9 de marzo:
5:00-10:00 h Traslado O Grove- Estación San Isidro
10:00- 10:30 h Asignación de Material, forfait e monitores
10:30-13:30 h Clase de esquí en grupo con monitor
13:30-14:30 h Comida na estación de esquí
14:30-17:00 h Esquí libre
17:00-18:00 h Traslado estación-hotel (asignación de cuartos)
18:00-21:00 h Tempo libre
21:00-22:30 h Cea no hotel
Domingo 10 de marzo:
8:00-9:00 h Almorzo no hotel
9:00-9:30 h Traslado hotel-estación de esquí
9:30-12:30 h Clase de esquí en grupo con monitor
13:00-14:00 h Comida na estación de esquí
14:00-17:00 h Esquí libre
17:00-22:30 h Traslado San Isidro-O Grove
O prezo por persoa en cuarto dobre ou triplo é de 165 € (IVE incluído) e inclúe:
- Autocar homologado durante o percorrido.
- Estancia nun hotel nos arredores de San Isidro.
- 3 3 horas de clases.
- Aluguer de material de esquí alpino.
- Forfait de 2 días.
- …
Para poderse levar a cabo ten que haber un número mínimo de 30 participantes.
Lugar de inscrición: oficina de Deportes (Casa do Concello, 2.º andar)
Prazo: ata o 4 de marzo
Màis información: teléfono 657 464 277