O Concello do Grove elimina os farois da rúa Concepción Arenal e substitúeos por catenarias que garanten mellor iluminación e aforro enerxético
Fecha: 2013-03-01
O Concello do Grove continúa coas tarefas de mellora e aforro na iluminación pública. Nesta ocasión, as actuacións leváronse a cabo na rúa Concepción Arenal (As Laxes), onde se substituíron os farois por catenarias, que permiten mellorar a iluminación e garanten un maior aforro enerxético.
Así, mentres as anteriores lámpadas de sodio tiñan un consumo de 1 200 w, os novos elementos redúceno a 180 w. A pesar desta redución no 80% do consumo, conséguese o dobre da calidade lumínica.
Outra das razóns para retirar estes farois foi que se trata dunha rúa estreita e, malia ser peonil, permítelles o acceso aos usuarios dos garaxes. Alén diso, as catenarias danlle un aspecto diáfano e vangardista, e centran a iluminación na rúa.