Campamentos polideportivos Príncipe Felipe
Fecha: 2013-03-04
A OMIX informa da convocatoria dos Campamentos Polideportivos da Deputación Provincial en Príncipe Felipe, que se realizarán nas seguintes datas:
-
Primeira quenda: 08 de xullo–13 de xullo
-
Segunda quenda: 15 de xullo–20 de xullo
-
Terceira quenda: 22 de xullo–27 de xullo
-
Cuarta quenda: 05 de agosto–10 de agosto
-
Quinta quenda: 12 de agosto–17 de agosto
-
Sexta quenda: 19 de agosto–24 de agosto
Participantes: Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 1999 e 2006, ambos os dous incluídos.
A modalidade do campamento será de internado en pensión completa.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.
Prezo
O prezo será de 125 € por neno.
Documentación para presentar:
-
Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
-
Fotocopia do DNI do solicitante; de non o ter, o libro de familia
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado
-
Certificado ou volante de empadroamento
Prazo e lugar de inscrición:
Ata o 17 de abril na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) situada na Casa azul.Teléfono 986 730 609
Máis información: http://www.depontevedra.es/?1,30300