Campamentos da Deputación Provincial na Lanzada.
Fecha: 2013-03-04
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informa que a Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:
-
Primeira quenda: 23 de xuño–29 de xuño
-
Segunda quenda: 30 de xuño–6 de xullo
-
Terceira quenda: 7 de xullo– 3 de xullo
-
Cuarta quenda: 14 de xullo–20 de xullo
-
Quinta quenda: 21 de xullo–27 de xullo
-
Sexta quenda: 28 de xullo–3 de agosto
-
Sétima quenda: 4 de agosto–10 de agosto
-
Oitava quenda: 11 de agosto–17 de agosto
-
Novena quenda: 18 de agosto–24 de agosto
-
Décima quenda: 25 de agosto–31 de agosto
-
Undécima quenda: 1 de setembro–7 de setembro
A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.
Participantes Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.
Prezo
O prezo será de 68 € por neno.
No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).
Documentación para presentar
-
Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
-
Fotocopia do DNI do solicitante; de non o ter, o libro de familia
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado
-
Certificado ou volante de empadroamento
Prazo e lugar de inscrición
Ata o 3 de abril na OMIX, situada na Casa Azul. Teléfono: 986 730 609
Máis información