Mostra de Talentos Artenxebre
Fecha: 2013-03-06
Organiza: Concellería de Xuventude e Asociación Enxebre
Data de comezo: sábado, 9 de marzo, ás 21.00 horas
Lugar: local social de Enxebre teatro
Contido: Artenxebre é unha mostra de talentos que se vai ofrecer o primeiro sábado de cada mes co fin de dar, a todos os públicos, a oportunidade de demostrar o seu potencial creativo e artístico.
Con esta actividade preténdese promover e apoiar o desenvolvemento da arte nas disciplinas de danza, música, teatro, literatura, artes plásticas, cine, gastronomía, arte circense, maxia etc.
É unha versión exclusiva en formato cásting para a participación daquelas persoas con mente e espírito novo que teñen a necesidade de manifestar algo da súa arte, talento ou dominio ante o gran público.
Participantes: poden participar todos os artistas profesionais ou afeccionados. Os menores deberán acompañar a documentación cunha consentimento parterno para poder participar e máis para as gravacións das actuacións.
A participación poderá ser individual ou por grupo (non superior a oito persoas).
Como participar?
Inscribíndose en calquera dos seguintes lugares:
- OMIX, Casa azul. Teléfono 986730609. www.concellodogrove.es Correo e-: omix@concellodogrove.com.
- Asociación Enxebre. 609841150. Correo e-: info@enxebre.org. Facebook: enxebregrupodeteatro