Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello conmemora o Día Internacional das Mulleres con varios actos

Fecha: 2013-03-08

O Concello do Grove súmase á celebración do Día Internacional das Mulleres. Así, esta mañá tiveron lugar na praza do Corgo e no edificio administrativo municipal varios actos conmemorativos desta importante data. Ás doce da mañá reuníronse os membros da corporación e do Consello Local de Igualdade diante da Casa do Concello para ler un manifesto, redactado polo propio Consello Local da Igualdade. A seguir, representaron un lazo humano conmemorativo do 8M.

 

Pola súa vez, a Rede de Bibliotecas do Grove aproveitou esta celebración para desenvolver un Bibliomercado de libros relacionados coa temática deste día. Por mor do mal tempo, esta actividade tivo que rematar antes do previsto, mais repetirase en vindeiras datas.

 

Ás 13:30 h inaurugouse a exposición fotográfica "Traballadoras" no vestíbulo do edificio administrativo municipal.

 

E para rematar a conmemoración deste 8M, hoxe venres, ás 21.00 h, a Compañía das Marías representará a obra Malena, llena eres de gracia, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.