Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Educación pon en marcha o programa 'Esta Semana Santa… goza en familia!'

Fecha: 2013-03-13

Organizaranse na casa da cultura obradoiros de papel maché e xoguetes con material de refugallo para nenos e pais

 

 

A Concellería de Educación pon en marcha o programa “Esta Semana Santa… goza en familia!” co que fomentar a relación e o recoñecemento entre adultos e nenos, utilizando como ferramentas o xogo e a creatividade, pero tamén co obxectivo de ofrecer actividades coas que ocupar o seu tempo de lecer. Deste xeito, organizaranse os días 25 e 26 de marzo talleres para nais/pais con fillos; tías/tíos con sobriños; padriños/madriñas con afillados; ou avoas/avós con netos.

 

Trátase dunhas xornadas de ocio pensadas para que participen os pais e nais cos seus fillos. Terán lugar na Casa da Cultura durante a Semana Santa. Exactamente o luns 25 e o martes 26 de marzo. Os asistentes poderán participar de obradoiros de xoguetes a partir de material de refugallo e de papel maché, usando pinturas, pinceis, papel, pegamento etc.

 

O luns 25, de 11.00 a 13.00 horas, proponse a actividade xoguetes con material de refugallo, mentres que o martes 26, á mesma hora, será o obradoiro de papel maché. Ambos os talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos e os seus acompañantes. O prazo de inscrición está aberto na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey ata o 21 de marzo ou ata cubrir as 15 prazas dispoñibles por taller.

 

Estes obradoiros queren ser un lugar de encontro nun contexto diferente e con outras familias, o cal vai achegar o descubrimento de novos espazos na relación. Tamén é un xeito de crear confianza, reforzar os vínculos e, ao mesmo tempo, darlle espazo á independencia na relación entre pais e fillos. Compartir xogos, risas e exercicios de contacto estimula a comunicación entre as familias.