Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Axudas para a realización de formación en linguas estranxeiras 2013

Fecha: 2013-03-22

 

A OMIX do Concello do Grove informa sobre estas axudas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

Poderán solicitar a participación nestas actividades o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo, en centros sostidos con fondos públicos.

  • Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2011-2012,

  • Ter acadado no curso 2011-2012 unha cualificación mínima de ben en 6º de primaria para o alumnado de 1º da ESO, e de 6 para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO,de bacharelato e de ciclos formativos na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

  • Non ter concedida, no presente curso, outra axuda coa mesma finalidade.

  • Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Estar en posesión do DNI ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de DNI, farase constar como DNI identificativo, o DNI do seu pai ou nai. Aquelas persoas que non teñan nacionalidade española deberán contar co correspondente visado, tarxeta de residencia ou calquera outra exixencia requirida polo pais a que viaxe, según corresponda. O alumnado que viaxe ao estranxeiro deberá estar en posesión do pasaporte en vigor.

 

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto deste ano.

 

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de abril.

 

Máis información na OMIX ou no enlace da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: https://www.edu.xunta.es/axudasle/