Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Preto de 25 persoas participan no programa 'Esta Semana Santa… goza en familia'

Fecha: 2013-03-25

 

O luns e o martes organízanse na Casa da Cultura obradoiros de papel maché e xoguetes con material de refugallo

 

Un grupo de 25 persoas, entre nenos, pais ou incluso avós, participan o luns e o martes no programa “Esta Semana Santa… goza en familia!”, co que a Concellería de Educación pretende fomentar a relación e o recoñecemento entre adultos e nenos, ao mesmo tempo que se ofrecen actividades lúdicas coas que gozar durante as vacacións escolares en compañía da familia. Así, de 11.00 a 13.00 horas, na Casa da Cultura do Grove, organizaranse xornadas de ocio para nais/pais con fillos; tías/tíos con sobriños; padriños/madriñas con afillados; ou avoas/avós con netos.

 

O luns 25 proponse a actividade xoguetes con material de refugallo, mentres que o martes 26, á mesma hora, será o obradoiro de papel maché. Ambos talleres son gratuítos e están dirixidos para nenos de 4 a 10 anos e os seus acompañantes.

 

Estes talleres queren ser un lugar de encontro nun contexto diferente e con outras familias, o cal vai aportar o descubrimento de novos espazos na relación. Tamén é un xeito de crear confianza, reforzar os vínculos e ao mesmo tempo dar espazo á independencia na relación entre pais e fillos. Compartir xogos, risas, exercicios de contacto, estimula a comunicación entre as familias.