Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

As Concellerías de Medio ambiente e Xuventude do Concello do Grove poñen en marcha un Curso de Creación de Horta Ecolóxica.

Fecha: 2013-03-27

 

O curso vai ter unha duración de 144 horas repartidas durante os meses de abril, maio e xuño.

 

O cronograma desta acción formativa vai ser o seguinte: luns,mércores e xoves de 17.30-20.30 e os sábados de 10.00-13.00 h.

 

O obxectivo que se pretende con este curso é que os alumnos collan todos os coñecementos necesarios para poñer en marcha unha horta ecolóxica, ben para cultivar para autoconsumo como con idea empresarial. Así o contido vai abarcar todo o proceso, dende a preparación e análise do terreo, formación de bancais, sistemas de cultivo, sistemas de rega, rotación de cultivo, plantación e semente, a utilización de recursos naturais como tratamentos, recolección e conservación de produtos, utilización de medios naturais para transporte, consumo e venda.

 

O curso está financiado pola Concellería de Medio Ambiente, pero o alumnado terá que facer efectivo dunhas cotas mensuais de 55 €, no caso de cubrir 17 prazas. Esta achega será inferior se se conseguen cubrir as 20 prazas indispoñibles.

 

A monitora do curso é unha docente con experiencia en cultivo ecolóxico e propietaria dunha explotación amparada polo Consello Regulador, sistema de cultivo permacultura e biodinámica, lugar onde se vai executar a meirande parte da duración do curso.

 

O prazo de preinscrición está aberto na OMIX (Casa azul) ata o xoves, 4 de abril.

 

O curso comezará o 8 de abril.