Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo para tramitar no Concello as axudas de 360 € por fillas e fillos menores de 3 anos

Fecha: 2013-04-05

 

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA DE 2013

 

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3ANOS (360 €)

 

BENEFICIARIAS/OS:

Persoas que teñan fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nados entre o 02/01/2010 e o 1/01/2013) e que durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

 

REQUISITOS:

  • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia

  • Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante

     

Contía: 360 € por cada un dos/as fillos/as menores de tres anos

 

DOCUMENTACIÓN:

Novas solicitudes:

  • Solicitude formalizada no modelo oficial (anexo I)

  • Fotocopia do libro de familia

  • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar

  • Copia de sentenza de nulidade, separación ou divorcio e/ou do convenio regulador, de ser o caso

  • Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

  • Autorización do cónxuxe ou parella para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias e DNI (anexo II)

 

SOLICITUDES PARA PERSOAS ANTERIORMENTE BENEFICIARIAS:

  • Só a solicitude formalizada no modelo oficial (anexo I)

 

Prazo: ata o 10 de maio de 2013

 

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Orde do 26 de marzo de 2013 da consellería de Traballo e Benestar (DOG Núm. 62 publicado o luns, 1 de abril de 2013)
  • Centro de Información ás Mulleres ou Servizos Sociais (no Edificio de Usos Múltiples–Casa azul) Tels.: 986 730 900 e 986 733 334