Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello organiza dúas sesións de traballo sobre intelixencia emocional e resilencia para pais e nais do alumnado de ESO

Fecha: 2013-04-05

 

O Servizo Preventivo-Asistencial de Drogodepencias do Concello do Grove, en colaboración cos departamentos de Orientación do IES As Bizocas e o IES Monte da Vila deste concello, convocan os pais e nais do alumnado da ESO a dúas sesións de traballo sobre Intelixencia Emocional e Resilencia.

 

A intelixencia emocional é unha habilidade de xestión coa que percibimos, comprendemos e utilizamos a nosas emocións de xeito eficaz. Como toda habilidade apréndese e adéstrase, polo tanto, está nas nosas mans poder xestionar as nosas emocións.

 

Unha xestión adecuada das nosas emoción vainos facilitar non só comprendernos e comprender os comportamentos/actitudes persoais e alleas, senón que tamén vai incrementar a nosa capacidade de adaptación, de resolución de problemas, de tolerancia e de respecto cara aos demais, de autocontrol e equilibrio persoal..., incrementando os nosos recursos para saír fortalecidos das situacións adversas que se nos poden presentar ao longo da vida. 

 

Queremos dicirlles …e dicímoslle.; sabemos que poden facer.…, pero non o fan; non queremos enfadarnos pero acabamos dicindo cousas das que despois nos arrepentimos. 

 

“Calquera pode enfadarse, iso é algo moi sinxelo, pero enfadarse coa persoa axeitada, no grao adecuado, no momento oportuno, co propósito xusto e do modo correcto, iso certamente non resulta tan sinxelo”. (Aristóteles)

 

Facelo no lugar e no momento axeitado depende da intelixencia emocional. Seremos intelixentes emocionalmente, xestionaremos ben as nosas emocións, cando sabemos valorar axeitadamente unha situación, cando sabemos e aceptamos como nos sentimos e como iso nos pode influír; e cando, en consecuencia con todo o anterior, sabemos actuar axeitadamente.

 

Sabemos que os nosos fillos e fillas teñen capacidades, pero sentímonos impotentes cando vemos que non son capaces de desenvolver o potencial que levan dentro.

 

Coa finalidade de poder ampliar información sobre este tema e poder aplicalo cos seus fillos ou fillas, animamos aos pais e nais de alumnos ou alumnas de educación secundaria a participaren nestas sesións de traballo.

 

 

  • TEMA: Intelixencia Emocional e Resilencia

  • LUGAR: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (O Grove)

  • DATAS: martes 9 e 16 de abril de 2013

  • HORA: 18.30 h