Campaña de Verán 2013. Xunta de Galicia
Fecha: 2013-04-05
![]()
A OMIX informa de que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2013, para favorecer que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.
Acción de Verán'13 é un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto en quendas dunha semana ou de quince días, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, de multiaventura, teatro...)
Só tes que animarte a participar!
Participantes:
Os participantes deben ter a idade requirida para o campamento que se solicita. En canto as idades mínima e máxima para poder participar, cómpre destacar:
-
Os nacidos no ano 1995 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-
Os nacidos no ano 2004 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Tipos de solicitudes
-
Individual: formulario que se incorpora como anexo II da orde reguladora.
-
Múltiple: formulario que se incorpora como anexo III da orde reguladora .
A solicitude múltiple admitirase para o suposto de ata catro irmáns/ás.
Equipararanse a este suposto os/as menores en situación de acollemento familiar.
Só se poderá empregar este tipo de solicitude para o caso de irmáns/ás que pidan a mesma instalación e quenda. Todos os/as menores que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade esixidos para as instalacións e quendas solicitadas. O incumprimento do disposto por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.
PRAZOS
|
Presentación de solicitudes |
15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia do 2 de abril de 2013 |
|
Comprobación da recepción da solicitude |
Transcorrido un mes desde a publicación da orde a persoa interesada deberá comprobar a recepción da súa solicitude na páxina web www.xuventude.net Nesta páxina aparecerá un enlace para consultar os datos das solicitudes. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do/a pai/nai ou titor/a que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI |
|
Emenda erros solicitudes |
Se as persoas interesadas atopan algún erro nos datos da solicitude ou non a atopan, deben chamar a calquera dos números de teléfono da Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado que aparecen no anexo V. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ningunha. A presentación de solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento. |
|
Sorteo público ante notario |
Nos 45 días seguintes á data de publicación da orde. 16 de Maio O día concreto de realización do sorteo anunciarase na páxina web de xuventude www.xuventude.net e terá lugar ás 12 horas dese día na sala de prensa da Consellería de Traballo e Benestar, sita na terceira planta das dependencias da devandita consellería no edificio administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela. |
|
Documentación |
Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar a documentación no prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ao da realización do sorteo. |
|
Chamadas aos participantes en listas de espera |
A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web www.xuventude.net cunha antelación mínima de cinco días. |
|
Adxudicación das prazas de resultas |
Estas prazas estarán expostas na páxina web www.xuventude.net, onde se anunciará a apertura da fase de resultas cunha antelación mínima de 5 días. |
Prazo e lugar de entrega de solicitudes: As solicitudes poderanse presentar na Oficina de Información Xuvenil (Casa azul) ata o 15 de abril.
Máis información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html