Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Bibliofamilia do sábado 6 de abril: 'Fai un monicreque con calcetín'

Fecha: 2013-04-08

 

O pasado sábado 6 de abril, Atenea ofreceu na biblioteca municipal do Grove unha magnífica actividade lúdica que, ademais de achegarnos ao mundo dos monicreques, pretendía ensinar a elaborar xoguetes, desenvolver actividades creativas e espertar a creatividade.

A actividade desenvolveuse da seguinte forma:

  • Os nenos e nenas, xunto cos seus familiares, elaboraron creativos monicreques de diversas formas e cores utilizando elementos sinxelos de reciclaxe e a súa imaxinación.
  • Unha vez elaborados os monicreques entre todos os asistentes á actividade, grandes e pequenos inventaron divertidas historias con diferentes personaxes e tramas.
  • Finalmente, representáronse cada unha das historias inventadas coa axuda dun pequeno teatriño de madeira e os monicreques elaborados. Representáronse varias historias nas que participaron todos os nenos e nenas que asistiron á actividade.

Unha actividade amena e divertida na que grandes e pequenos o pasaron en grande.