Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Concurso de Maios 2013

Fecha: 2013-04-11

 

A Concellería de Cultura do Concello do Grove convoca o concurso da Festa dos Maios 2013.

 

O concurso terá lugar o 1 de maio na praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que así o desexen, realizando a súa inscrición o mesmo día 1 na praza do Corgo, entre as 10.30 e as 11.30 h.

 

Os maios poderán concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.

 

Establécense tres premios en cada una das tres categorías: un primeiro premio de 100 €, un segundo de 75 € e un terceiro de 50 €. Así mesmo, tamén levará 30 € cada participante que non obtivese ningún dos tres primeiros premios.

 

Bases do concurso