Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Segunda sesión de traballo do SPAD dirixida aos pais e nais do alumnado de secundaria sobre intelixencia emocional e resilencia

Fecha: 2013-04-15

 

O Servizo Preventivo-Asistencial de Drogodepencias (SPAD) do Concello do Grove, en colaboración cos Departamentos de Orientación do IES As Bizocas e do IES Monte da Vila deste concello convoca os pais e as nais do alumnado da ESO á segunda sesión de traballo sobre Intelixencia Emocional e Resilencia.

 

Nesta sesión centrarémonos neste último aspecto, a resiliencia, que é o convencemento que ten un individuo ou equipo en superar os obstáculos de maneira exitosa, sen pensar na derrota a pesar de que os resultados estean en contra (E. Machacon 2011).

 

Desde a neurociencia considérase que as persoas máis resilentes teñen maior equilibrio emocional fronte ás situacións de estrés, soportando mellor a presión. Isto permítelles unha sensación de control fronte aos acontecementos e maior capacidade para afrontar retos (Instituto Español de Resiliencia).

 

A familia é o ambiente onde máis aprendemos ao longo da vida e a adolescencia, é unha etapa na que pais, nais e fillos/as teñen que facer un maior esforzo para ser capaces de afrontar adecuadamente as emocións duns e outros, o que lles vai a facilitar afrontar unha etapa xeralmente chea de turbulencias e incertezas.

 

A resilencia é a capacidade de saír fortalecido das situacións adversas e os seus piares son o que imos traballar na sesión do próximo martes: 

  • Como enriquecer os vínculos prosociais.

  • Fixar límites claros e firmes.

  • Favorecer a autonomía, a autoestima....

 

E, concretamente, como mitigar os factores de risco e incrementar os recursos/habilidades persoais.

 

Coa finalidade de poder ampliar información sobre este tema e poder aplicalo cos seus fillos ou fillas, animamos os pais e as nais do alumnado de educación secundaria a que participen nesta sesión de traballo.