Programa Iniciativa Xove
Fecha: 2013-04-19
Axudas dirixidas tanto a asociacións xuvenís como a grupos informais de mozos e mozas (estes deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 mozos/as entre os 18-30 anos). O programa esta concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades nas que os actores principais son eles mesmos.
Poderase financiar o cento por cento das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas ata o esgotamento do crédito previsto nos orzamentos. O investimento máximo por cada actividade será de 4.000 euros. Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o soliciten, recibirán un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Isto permitiralles financiar o proxecto sen ter que adiantar contías eles mesmos, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.
Con esta liña de axudas preténdese fomentar a participación da mocidade, co propósito de estimular o seu espírito de protagonismo e liderado, a creatividade e o talento xuvenil e, sobre todo, permitir poñer en practica as súas ideas relacionadas co lecer, a comunicación, as novas tecnoloxías e outros campos do seu interese.
Como novidade este ano, entre as áreas prioritarias nas que se enmarcarán os proxectos, inclúese a ‘Iniciativa Xove Emprendedora’, que permitirá que os participantes poidan ensaiar e poñer en práctica ideas relacionadas co emprendemento e a empregabilidade, co fin de incrementar as posibilidades de acceso ao mercado de traballo da mocidade e procurar a súa emancipación.
Máis info en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130418/AnuncioCA05-110413-0006_gl.pdf