Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

ITV no Grove este vindeiro mes de maio

Fecha: 2013-04-25

 

Unha unidade móbil de Supervisión y Control SA, empresa concesionaria do servizo de ITV na Comunidade Autónoma de Galicia, desprazarase o vindeiro mes de maio ata o noso municipio para realizar inspeccións técnicas periódicas de VEHÍCULOS LIXEIROS (masa igual ou menor a 3.500 Kg e distancia entre eixes de 3.200mm como máximo).

 

Para os vehículos agrícolas, a ITV móbil agrícola desprazarase ao noso Concello no mes de xullo.

 

Lugar: aparcadoiro da Illa da Toxa (despois de pasar a ponte)

 

Días e horas:

2, 3, 6, 7 de maio, de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 h

8 de maio, de 9.00 a 13.30 h

 

Cita:

Pódese socilitar cita previa no teléfono 881 920 981 ou a través do web www.sycitv.com, no apartado de Cita previa.