Este sábado continúan as actividades do programa 'A noite é nova'
Fecha: 2013-05-09
O vindeiro sábado,11 de maio, seguen as actividades de “A noite é nova”, unha nova actividade de xuventude que ofrece unha alternativa de lecer para as noites dos sábados que se realizarán a partir das 11 da noite no pavillón de deportes e a casa da cultura.
Obradoiros gratuítos onde vós sodes protagonistas.
|
HORARIO |
OBRADOIRO |
LUGAR |
|
23:00 |
HIP-HOP BREAK DANCING |
SALÓN DE ACTOS CASA DA CULTURA |
|
23:00 |
COCIÑA SAUDABLE |
SALA POLIVALENTE PAVILLÓN DEPORTES |
|
23:30 |
FÚTBOL 3x3 |
PISTA 1 PAVILLÓN DEPORTES |
|
0:10 |
CUSTOMIZAXE DE ROUPA |
PISTA 2 PAVILLÓN DOS DEPORTES |
|
0:10 |
AUTO-MAQUILLAXE |
XIMNASIO PAVILLÓN DEPORTES |
|
1:20 |
AUTO-PERRUQUERÍA |
XIMNASIO PAVILLÓN DEPORTES |
|
|
XOGOS POPULARES |
PISTA PAVILLÓN DEPORTES |
DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES:
HIP/HOP BREAK DANCING: obradoiro que busca que os participantes tomen contacto ou afonden neste estilo de baile. É un baile que combina una serie de movementos aeróbicos e rítmicos, influenciados desde bailes aborixes, artes marciais, ximnasia e o funk.
COCIÑA SAUDABLE: obradoiro dirixido por 3 cociñeiros no que se prepararán diferentes pratos cos que aumentar os nosos coñecementos de cociña que vos servirán para a vosa vida universitaria ou para sorprender a vosa familia facéndolles unha boa cea: ensalada de cabaciño e cenoria con lagostinos e gulas, pasta fresca ali-oli, pasta napolitana, crema de cabaza con lagostino e lascas de parmesano, hamburguesa de polo e verduras…
FÚTBOL 3x3: campionato que se xogará nunha pista de 12x20 m, con porterías pequenas (tipo hockey). As porterías estarán a 3 m da liña de fondo e pódese pasar por detrás delas, hai un semicírculo por diante das porterías onde ningún defensor pode entrar. A duración dos partidos dependerá do número de equipos participantes (4 xogadores por equipo, como máximo). Inscrición de 23.00 a 23.15 h.
CUSTOMIZAXE DE ROUPA: obradoiro que nos ensinará a darlle un toque persoal a nosa roupa.
AUTO-MAQUILLAXE: obradoiro práctico, que vos dará unhas pautas sobre como maquillarse para festas, eventos ou sinxelamente para un día calquera.
AUTO-PERRUQUERÍA: neste obradoiro aprenderedes a facervos diferentes peiteados de festa. É eminentemente práctico.
XOGOS POPULARES: ao longo da noite estarán á vosa disposición unha serie de xogos populares do máis variado cos que divertirvos e competir entre vós.