Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

As estudantes Ana Soutullo Fernández e Andrea Padín Casas, gañadoras do ii Concurso de Fotografía Medioambiental Concello do Grove

Fecha: 2013-05-15

Un total de 36 imaxes foron presentadas a esta segunda edición do concurso.

Os premios entregaranse o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

 

As estudantes, Ana Soutullo Fernández de 4.º da ESO del IES Monte da Vila, e, Andrea Padín Casas de 6. º do CEIP Conmeniño, son as gañadoras da segunda edición do Concurso de Fotografía Medio Ambiental organizado pola Concellería de Educación do Concello do Grove.

 

Ana Soutullo Fernández, gañadora na categoría de 3. º e 4. º da ESO, presentou una fotografía titulada “Vida” realizada no Parque de Confín e na que unha árbore é identificada como fonte de vida. A alumna, Andrea Padín Casas, vencedora na categoría de 5. º e 6. º de primaria, apostou por unha fotografía titulada “A forza da auga” tomada na praia da Mexilloeira e na que amosa a forza erosiva da auga Ambas estudantes recibirán un cheque-regalo por valor de 100 euros, para cambiar no comercio local. A entrega dos premios terá lugar o día 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”. Todas as fotografías formarán parte dunha exposición na mesma Casa da Cultura do Grove.

 

As dúas  fotografías vencedoras foron seleccionadas entre 36 imaxes presentadas ao concurso e os criterios que se tiveron en conta foron a combinación dunha técnica adecuada coa creatividade, orixinalidade, adecuación ao tema, a capacidade e claridade de transmitir a mensaxe e de sensibilización e concienciación ambiental.

 

O obxectivo que persigue a Concellería de Educación coa convocatoria deste concurso é concienciar á rapazada sobre as causas, os efectos e as solucións asociadas ao cambio climático e á perda da biodiversidade, e a necesidade de comprometerse coa protección do medio ambiente e do contorno a  través dunha actividade divertida -a fotografía-.

 

Foto de Ana Soutullo

Foto de Andrea Padín