Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Fin da primeira tempada de Artenxebre

Fecha: 2013-05-31

A asociación Enxebre remata este sábado 1 de xuño a primeira tempada de

Artenxebre, unha ambiciosa aposta que, sen dúbida, tivo un grande éxito tanto de participación como de asistencia.

 

Todo comezou no mes de marzo, cando esta asociación quixo poñer en marcha un proxecto para incentivar a cultura e ocio da vila do Grove, ademais de dinamizar o gran local que teñen situado na estrada a San Vicente, preto da igrexa, o cal decidiron adecualo para que fose digno de acoller a toda a xente, tanto participantes como público, que quixese gozar con esta actividade.

 

Xa desde o principio, o éxito foi claro. Moitos foron os artistas que quixeron ser merecedores de inaugurar o primeiro Artenxebre, e moitos tamén foron os

artistas que quixeron continuar tal labor.

 

Música tradicional e moderna, danza, canto, teatro, belas artes, audiovisuais... e, como non, un presentador con enorme talento, xuntáronse nestes catro meses para lle dar vida a esta iniciativa, a cal estivo arroupada pola Concellería de Xuventude, que desde o primeiro momento estivo plenamente de acordo en colaborar con Enxebre para levar a cabo esta tarefa.

 

Non só viñeron artistas do Grove, senón tamén de outros sitios, como Vilagarcía, Cambados e outros puntos da xeografía galega.

 

Enxebre quere agradecerllo a todos os artistas que participaron, e tamén, como non, a todo o público asistente. Sen todos eles, artistas e público, non se podería facer Artenxebre.

 

Pero isto non acaba aquí. No mes de outubro volverá, se a crise o permite, esta mostra de talentos.

 

Para este sábado teremos música moderna, canto, baile, audiovisuais e unha

mostra de talento estético. Ademais, haberá unha queimada para despedir como se merece esta primeira tempada, por cortesía de Enxebre.

 

Así que, xa sabedes!. Non podedes perdervos este “ata logo”, gratuíto e de moita calidade.