Continúa aberto o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2013
Fecha: 2013-06-04
Datas:
De luns a venres, do 1 de xullo ao 30 de agosto, agás sábados, domingos e festivos
Idades:
Nenos e nenas nados entre 2001 e 2009
Lugar:
IES Monte da Vila e Escola Infantil Monte da Vila
Horario:
Dúas opcións:
Horario Reducido: de 9.30-13.30 h
Horario Ampliado:de 8.00-14.30 h
Modalidade:
Actividades lúdicas, vivenciais e enriquecedoras, ademais de saídas ao campo, á praia e a outros lugares, co inglés como lingua vehicular.
Cota:
Horario de 9.30 a 13.30 h: 66 €/mes
Horario de 8.00 a 14.30 h: 100 €/mes
Non empadroados:
Horario de 9.30 a 13.30 h: 95 €/mes
Horario de 8.00 a 14.30 h: 115 €/mes
Quen estea interesado/a en participar na actividade os dous meses deberá aboar a totalidade no inicio, ou polo menos, a cota correspondente a mes e medio (99 € ou 150 €), como garantía de aval, no momento da inscrición. No caso de ter pagado mes e medio, o resto da mensualidade de agosto aboarase antes de que remate o mes de xullo.
Non hai opción de matrícula por quincenas.
Co fin de informar sobre o funcionamento da actividade, haberá unha reunión cos pais/nais tirores/as o día 26 de xuño, ás 20.00 horas, na casa da cultura do Grove.
Máis información e ficha de inscrición aquí>