Presentación da Festa do Marisco en Alemaña
Fecha: 2013-06-12
O pasado xoves, 6 de xuño entre as 18.30 e as 23.00 h, tivo lugar na cidade de Frankfurt, da man de TurEspaña, a presentación do municipio do Grove e da Festa do Marisco.
Ao acto asistiron a directora e o xefe de RR PP de TurEspaña, Ana Cristina Gozalo e Stefan Schmidt, e o cónsul de España en Alemaña xunto con representantes da Casa de Galicia. Desde TurEspaña emitiuse unha invitación para as axencias de viaxes máis destacadas da zona e a xornalistas especializados en viaxes e empresas relacionadas co transporte e a comercialización de produtos procedentes de Galicia. Tamén foron convidou os residentes do Grove en Frankfurt, que asistiron emocionados para saudar a delegación meca.
A capacidade do local de Menufaktur (escola de cociña alemá) era de 50 persoas e encheuse coa puntualidade que os caracteriza. Á súa entrada, na recepción do local, entregóuselles aos asistentes unha identificación e un mandilón de cociña serigrafiado co logo da festa.
Tras a presentación da directora de TurEspaña, o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, fixo unha exposición dos moitos encantos e opcións que ofrece o noso municipio e unha explicación detallada da Festa do Marisco. Este discurso foi acompañado de imaxes para poder ver e sentir o que se contaba. Esta presentación continuou coa demostración e cata das variedades de marisco que se ofrecen na festa. Un cociñeiro do Grove e un cociñeiro alemán convenceron os asistentes das excelentes calidades dos mariscos de Galicia por medio dun showcooking.
Como “fin de festa”, o presidente da Casa de Galicia na cidade leu o conxuro da queimada en galego e unha directiva da mesma asociación fixo a tradución á lingua xermana. Este licor galego puxo o broche a unha xornada de coñecemento do marisco das Rías Baixas.
Ao remate do acto, os invitados foron agasallados cunha bolsiña de publicidade feita para a ocasión en alemán. TurEspaña inseriu esta promoción na súa web (www.spain.info/de).