Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Para curiosear, coñecer, aprender, xogar..., as palabras xa teñen portal

Fecha: 2013-07-03

Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza...

 

E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego.   Con vídeos, con xogos, co dicionario, con outro dicionario de sinónimos, cunha "palabra do día", con novas, con "palabras asinadas", con consultas... Con todo isto e moito máis nace O portal das palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. 

 

E, claro, a mellor maneira de coñecelo é fedellando nel, así que, adiante! O enderezo: www.portaldaspalabras.org

 

Ah!, e chega con apps do Dicionario RAG para móbiles e tablets con sistemas iOS e Android.