Inicio do curso de Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas
Fecha: 2013-07-10

Dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais, infórmase que no día de onte se iniciou o curso de Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas. Este curso está dirixido a 15 alumnos e ten unha duración aproximada de ata o 13 de decembro de 2013. O curso está financiado pola Consellería de Taballo e Benestar e ten duración de 658 horas.
A intención é formar profesionais que se poidan incorporar ás empresas cos coñecemento necesarios para o sector das novas enerxías renovables. Tan só se realizan seis cursos similares na provincia de Pontevedra. Hai que lembrar que o Concello do Grove xa realizou durante o ano 2012 a homologación do Centro do Monte das Flores para a impartición destes cursos dirixidos aos desempregados, polo que agora se poden realizar as solicitudes sobre a base do homologado inicialmente.
Cómpre destacar que este curso ten asociado o seu correspondente Certificado de Especialidade, que se lle facilitará ao alumno ao finalizar a acción formativa.