Publicadas as bases e a convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais no ano 2013
Fecha: 2013-07-19
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe (núm. 138) publícase a convocatoria en que O Concello do Grove establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais.
Esta convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que, no eido da cultura e nas súas diversas formas, promovan asociacións culturais sen ánimo de lucro que poidan ser consideradas de interese social para o Concello do Grove e dirixidas á poboación en xeral.
Consulte o texto íntegro aquí>