Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ata o 6 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no Programa Madruga do CEIP Valle-Inclán

Fecha: 2013-08-29

 

Este servizo municipal permite conciliar os horarios laborais e escolares das familias do centro.

 

O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, abre o prazo de inscrición do programa madruga no CEIP Valle-Inclán para o vindeiro curso escolar, prazo que remata o vindeiro 6 de setembro. Os pais e nais que queiran inscribir os seus fillos neste servizo municipal poden realizar as inscricións no Rexistro xeral do Concello (rúa Cándido Acuña Blanco, 3). O Programa Madruga volve a ofrecerse no CEIP Valle-Inclán por terceiro ano co fin de facilitar a compatibilidade horaria das xornadas laborais dos pais cos horarios escolares dos seus fillos.

 

O programa desenvólvese nunha das aulas do comedor escolar. O servizo está dispoñible desde as 7.30 horas ata o inicio das clases. Durante este tempo, os asistentes gozan de xogos cooperativos, manualidades, actividades de lecer…

 

As solicitudes presentaranse no mesmo Rexistro xeral do Concello, achegando xunto con elas o resgardo de matrícula escolar, unha copia do libro de familia, dos DNI da nai e do pai, o título de familia numerosa, de ser o caso, e unha fotocopia da tarxeta sanitaria da Seguridade Social do menor. O prezo do servizo é 30 euros ao mes, agás no caso de subscribirse ao programa máis dun irmán ou de pertencer a unha familia numerosa ou monoparental. Nestes supostos, aplícase unha redución do 20%.

 

Ademais dos usuarios habituais, o Concello tamén pon á disposición das familias bonos de dez días para que poidan utilizar o servizo en días soltos ao longo de todo o curso, no caso de que apareza unha urxencia ou se cree unha necesidade concreta nun día determinado. Neste caso, o prezo por día de asistencia é 2,5 euros.

 

Pode descargar a folla de inscrición premendo aquí>