Un festival da canción promoverá a 50 Festa do Marisco
Fecha: 2013-09-02

Co gallo da celebración da quincuaxésima edición da Festa do Marisco e para promover máis este importante evento gastronómico da nosa vila, co patrocinio do Concello do Grove, a través da súa Concellería de Cultura, este ano retómase a organización dun festival da canción.
O Festival da Canción do Grove, que se desenvolverá os días 9 e 10 de outubro de 2013 no Pavillón de Congresos e Exposicións da Illa da Toxa, está convocado para todos aqueles compositores e cantantes, tanto noveis como profesionais, que así o desexen e sexan maiores de idade.
A participación poderá ser de xeito individual ou en grupos (cun máximo de oito compoñentes) e haberá un premio de 1800 euros para quen quede en primeiro lugar e dous accésits de 600 euros, ademais de cadanseu trofeo.
Bases do Festival da Canción do Grove