Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello cambia o cercado do parque infantil das Valadas

Fecha: 2013-09-17

 

O elemento mellora a seguridade da rapazada

Aprovéitase parte do valo que se retirou dos xardíns do Corgo

 

A Concellería de Obras acaba de cambiar a cerca do parque infantil das Valadas. Con esta actuación preténdese mellorar a seguridade da xente miúda que utiliza esta área infantil. Ademais, cúmprese así un compromiso adquirido cos veciños, xa que o parque estaba pechado cun valo de metal xa deteriorado que podía supoñer un risco para os usuarios.

 

Para esta mellora, o Concello do Grove recuperou a cerca de madeira que se retirou hai uns meses dos xardíns do Corgo, nun exercicio de abaratar custos e aproveitar ao máximo todos os recursos e materiais municipais para seguir mellorando os servizos co menor gasto posible. Deste xeito, logo de retira a cerca do Corgo, estívose preparando e tratando para volver a colocala, nesta ocasión, en diferentes localizacións do municipio. Unha parte xa se instalou no parque infantil das Valadas, e o resto repartirase entre o CEIP As Bizocas, para protexer o xardín elaborado polo alumnado e profesorado do centro, e As Vesadas, que servirá para separar a recentemente creada pista de skate do campo de fútbol deste lugar.