Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Obradoiro de Oratoria Motivacional

Fecha: 2013-09-26

 

No marco do Programa Activa, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Concellería de Xuventude do Concello do Grove, impartirá un obradoiro de oratoria motivacional na Casa Azul o 22 de outubro ás 18,00 horas.

 

A actividade, que terá unha duración estimada de dúas horas, vai destinadas a mozos e mozas menores de 30 anos, técnicos/as locais de emprego, animadores/as xuvenís, concelleiros/as de xuventude, asociacións, grupos informais, colectivos interesados no ámbito xuvenil e público en xeral. Tamén poden participar as persoas maiores de 30 anos, pero non levarán certificado de asistencia.

 

No curso poderase aprender a preparar un discurso, a transmitir ideas, a comunicación non verbal e a coñecer a aptitude que debe ter un orador.

 

O Programa Activa da Dirección Xeral de Xuventude realizará 75 cursos e obradoiros entre os meses de setembro e decembro noutros tantos concellos de Galicia.

 

Este programa configúrase como unha acción formativa no ámbito da educación non formal, co obxectivo de proporcionarlle á xente nova ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega. Entre os temas centrais para desenvolver nestes obradoiros deseñados destacan a empregabilidade, a participación xuvenil, o coaching, a comunicación, a información sobre recursos para a mocidade, o voluntariado, o asociacionismo, a mobilidade xuvenil, etc.

 

Quen queira participar neste obradoiro deberá inscribirse antes do 17 de setembro na Oficina de Información Xuvenil (Casa Azul) ou a través do correo electrónico: omix@concellodogrove.com.