Nova andaina saudable para este sábado
Fecha: 2013-10-03
Este sábado, día 5 de outubro, terá lugar no Grove unha andaina de longo percorrido sen saír do propio municipio. Trátase dunha actividade esixente, pois percorreranse un total de 23 km por lugares dun grande interese paisaxístico que rodean toda a península do Grove.
Sairase do parque de Confín ás 9.00 h, e pasarase por Ardia, o sanatorio da Lanzada, San Vicente do Mar, San Vicente, A Bodeira, As Pipas, Campos, O Porto de Meloxo, Rons…
A actividade contará coa compañía dun técnico do Concello e o apoio de Protección Civil, tamén haberá varios puntos no recorrido onde poder repoñer forzas. Esta andaina terá unha duración de, aproximadamente, 4 horas, polo que se aconsella que quen participe teña o hábito de andar e que non se aventuren persoas con hábitos excesivamente sedentarios.
Para máis información, pode dirixirse á Casa do Concello ou chamar ao teléfono 657 464 277.
Mapa do percorrido:
