Contos, actividades e visitas guiadas centran a programación da Rede de Bibliotecas do Grove para o Día Internacional da Biblioteca
Fecha: 2013-10-21
O 24 de outubro celébrase o Día internacional da Biblioteca e a Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio ten lista a súa programación para conmemorar esta data.
O día 23, ás 17.30 h, haberá una sesión especial de animación á lectura para nenos e nenas de 3 anos a cargo do persoal bibliotecario. Para participar nesta actividade é necesario inscrición previa na biblioteca municipal do Grove, xa que as prazas son limitadas.
O día 24, ás 10.00 h, será a quenda do alumnado da Escola Infantil Monte da Vila, que visitará de novo a biblioteca municipal. O persoal da biblioteca achegarase á escola para axudarlle á súa mestra a baixar a rapazada ata a biblioteca, onde asistirán a unha divertida xornada de contos e actividades.
O mesmo día 24 ofreceranse dúas xornadas de portas abertas, unha ás 12.00 h e outra pola tarde, dirixidas a todas as persoas que queiran coñecer a biblioteca. Darase cumprida información sobre as instalacións, o seu fondo, os servizos e actividades que ofrece para grandes e pequenos, a normativa de uso, como facerse socio, etc.
Xa o sábado 26, Mau e Pin, de Polo correo do vento, visitarán a biblioteca municipal do Grove coa historia d'O Esquío rampante, un conto ilustrado mais obradoiro de debuxo. As prazas son limitadas, polo que, para esta actividade, é necesario recoller invitación na propia biblioteca.