Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Visita do alumnado da EI Monte da Vila á biblioteca municipal

Fecha: 2013-10-23

Os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil Monte da Vila visitaron a biblioteca municipal do Grove onde aprenderon as normas destas instalacións do concello mediante xogos, asistiron a un contacontos, realizaron un mural sobre o conto que acababan de escoitar, colorearon os animais protagonistas e ademais levaron cadanseu agasallo consistente en dous libros.