Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

CantoConta ContaConto. Novo espectáculo infantil para os máis pequenos da casa

Fecha: 2013-10-30

 

A Biblioteca Munipal do Grove acollerá o sábado 16 de novembro, ás once e media da mañá, o espectáculo infantil CantoConta ContaConto, actividade para nenas e nenos de 1 a 3 anos.

 

 

Avoa Jouya trae ata a biblioteca meca unha historia chea de sensacións para os máis pequerrechos da casa, coa que viaxarán a Africa, Italia, Rusia... Un espectáculo en que se salientan fundamentalmente as experiencias sensoriais e lúdicas.

 

Debido á capacidade limietado do espazo, é preciso recoller previamente unha invitación na propia biblioteca.