Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Deserto o XX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

Fecha: 2013-11-25

Tras un longo e profundo debate, os membros do xurado non atoparon os puntos de encontro necesarios que os conducisen á escolla dun orixinal como gañador. Malia iso, o xurado quixo recoñecer as calidades que puntualmente puido descubrir nalgunhas das obras presentadas a concurso, mais entende que non foron suficientes para xustificar a concesión dun galardón da traxectoria e o renome do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. 

 

Alén diso, o xurado quixo congratularse do decidido apoio que as dúas entidades que avalan o premio, o Ilmo. Concello do Grove e mais a Editorial Sotelo Blanco, amosaron sempre e seguen amosando para o bo desenvolvemento do certame, confirmado polo feito de que xa estean preparándose as bases para a vindeira convocatoria no primeiro trimestre do 2014.

 

Noutra orde de cousas, o xurado, coincidindo coa vixésima convocatoria deste premio, o máis antigo de Galicia no seu xénero, quixo mostrar publicamente o seu recoñecemento ao labor desempeñado na organización e edición deste por todos aqueles que co seu traballo o fixeron posible ao longo destes anos, significando especialmente a dedicación profesional de Marina Aguín Núñez, responsable cultural para o premio do Ilmo. Concello do Grove, e mais de Chelo Carreira e Xabier Vázquez, traballadores do selo editor, que tan admirablemente axudaron a materializar os froitos deste certame.