NOVAS DATAS CURSO MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
Fecha: 2013-01-10
A partir do vindeiro 10 de xaneiro as Concelleiras de Xuventude e Deportes organizan este curso de 350 horas de duración divididas en dúas fases, unha teórica de 200 horas e unha práctica de 150 horas.
O curso levarase a cabo os venres de 18.00 a 22.00 horas, sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e os domingos de 10.00 a 14.00 horas finalizando o 9 de marzo.
Durante esta primeira fase teórica los alumnos recibirán la formación necesaria en materias relacionadas co ocio e o tempo libre e recollidas no Decreto 50/2000 de Xuventude, tales como xogos, deportes, teatro, primeiros auxilios, natureza e medioambiente, cancións e artísticas. Esta primeira fase compleméntase con diversas saídas de interese educativa e que ademais serán posibles destinos laborables dos alumnos que realicen o curso, estanse programando saídas ao Campamento da Lanzada, As Sinas, Monte Siradella, Monte Centras da Toxa, unha granxa escola, etc.
Unha vez finalizada esta primeira fase teórica os alumnos deberán realizar 150 horas prácticas en proxectos de ocio e tempo libre que serán promovidas, principalmente, polas Concellerías de Xuventude e Deportes en forma de talleres, actividades, escolas deportivas, campamentos urbanos, ludotecas, etc.
Os alumnos que superes estas 2 fases, lograrán o título de monitor de actividades de tempo libre que emite a Dirección Xeral de Xuventude, que os capacita para traballar nas distintas e amplas ramas da intervención socioeducativa.
Os interesados poden formalizar a súa inscrición na OMIX (Casa azul), para elo deben de ter os 18 anos cumpridos e estar en posesión da título de EXB ou ESO. As prazas iranse cubrindo por orde de inscrición.
O custe do curso é de 250 euros pero aquelas persoas que estén en situación de desemprego ou pertenzan a familiar numerosa empadroadas no noso concello recibirán unha axuda municipal de 75 € que se descontará directamente do custe do curso.
Xunto coa inscrición haberá que presentar fotocopia do DNI,documento que acredite estar en situación de desemprego ou de pertencer a familia numerosa e o xustificante bancario de haber abonado a matrícula (100 ). O resto do importe aboarase antes de rematar o curso.