Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Comercio e o SNL do Concello do Grove promoven un ano máis o galego nas compras do Nadal

Fecha: 2013-12-19

 

A Concellería de Comercio do Concello do Grove, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística municipal, dependente da Concellería de NN TT, Patrimonio e Documentación, puxo en marcha onte unha nova campaña de dinamización lingüística no sector do comercio da vila.

 

Co lema "No comercio local, o galego vende", esta iniciativa vai dirixida especificamente ao comercio local da vila para estender o uso do galego neste sector e incentivar os valores positivos que engade o uso da nosa lingua na comunicación comercial, ao tempo que anima a mercar no propio concello nesta época do ano próxima ás festas en que se fan máis agasallos.

 

Un ano máis, repartiuse entre os comercios da localidade un material orixinal cun deseño atractivo que, alén de cumprir co obxectivo de introducir o galego neste ámbito de uso, resultará de utilidade para o traballo das e dos comerciantes nestas datas e para a súa clientela. Este material consistiu nun cartel co lema da campaña, catro modelos distintos de etiquetas para os agasallos impresas a toda cor con lendas como “parabéns” ou “con todo o meu cariño” e varios globos inchables para repartir entre a xente miúda.