Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Torneo de Fútbol Sala Nadal 2013

Fecha: 2013-12-20

 

A Concellaría de Deportes do Concello do Grove en colaboración cos alumnos de 4º da ESO dos institutos das Bizocas e Monte da Vila, van organizar unha vez máis o Torneo do Nadal.

 

As datas do campionato serán o 27, 28 e 29 de decembro.

 

Poderán participar un máximo de 16 equipos compostos por 10 xogadores. O único requisito para a súa formación é que estean compostos maioritariamente por xogadores empadroados no Grove.

 

A cota de inscrición é de 100 euros por equipo e o prazo de inscrición vai desde o xoves 19 de decembro ata o xoves 26 de decembro ás 12 do mediodía.

 

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados e premios en metálico de: 400, 300 e 200 euros, respectivamente.