Festa Infantil de Fin de Ano
Fecha: 2013-12-27
Organiza: ANPA do CEIP Valle-Inclán en colaboración coa Concellería de Educación do Concello do Grove
A ANPA do CEIP Valle-Inclán organiza este martes 31 unha festa de fin de ano infantil. Será a partir das 11.00 h diante da Casa do Concello ou, no caso de choiva, na lonxa.
Con esta festa, a xente máis miúda da casa terá a oportunidade de despedir o ano con música, animación, con "champín" e uvas, que tomarán acompañando as doce badaladas que sinalará o reloxo da Casa do Concello ao mediodía.