Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Sete carrozas participarán o domingo na Cabalgata dos Reis Magos

Fecha: 2014-01-03

 

Sete carrozas participarán o domingo na cabalgata de Reis organizada pola Concellería de Cultura do Concello do Grove en colaboración con diferentes entidades da localidade.

Desas sete carrozas, as tres dos Reis Magos mais outra carroza temática  foron elaboradas pola comisión organizadora da cabalgata, que ano tras ano  traballa arreo e desinteresadamente para facer chegar a ilusión a todos os nenos e nenas do Grove.

As outras tres carrozas foron realizadas por diferentes entidades da vila: a Asociación Cultural Mecos, O Club de Remo Mecos e o Club Breogán, asociacións que prestan unha inestimable colaboración para  acompañar as súas maxestades e encher de colorido esta comitiva e as rúas do Grove

A cabalgata sairá ás 18:30 h do CEIP Valle-Inclán e percorrerá as rúas Tenente Domínguez, Castelao, Rúa da Praza e  Pablo Iglesias, realizando unha  parada na Casa do Concello para poder saudar a todos os veciños e veciñas do Grove. 

O regreso realizarano por Beiramar cara ao monumento do mariscador, rúa Luís Casais,  Castelao e  final no cruzamento da rúa Castelao coa rúa Luis A. Mestre.

Durante este percorrido repartiran 1000 quilos de caramelos, sen glute, entre todos os nenos e nenas da vila.

Esperamos que a choiva e o mal tempo dean unha tregua o domingo para que toda a veciñanza poida gozar desta esperadísima comitiva real. No caso de que o mal tempo obrigase a suspender a cabalgata, hai preparada unha alternativa: os Reis Magos de Oriente achegaríanse ata o pavillón municipal dos deportes a partir das 19.00 h para facerlles unha recepción a todos os nenos e nenas e agasallalos con caramelos.