Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

I Concurso de Chíos pola Igualdade

Fecha: 2014-02-21

 

 

A Concellería de Igualdade, co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, pon en marcha o I Concurso de Chíos pola Igualdade, que organiza coa colaboración das concellerías de Novas Tecnoloxías e Educación e co Servizo de Normalización Lingüística municipal.

 

As persoas interesadas en participar deberán estar empadroadas no Grove e terán  ata as 23.59 horas do martes 4 de marzo para publicar en Twitter o seu chío (tweet). Cada participante poderá enviar un só chío que deberá incluír a etiqueta (hashtag) #IgualdadeOGrove8M e a mención @IgualdadeOGrove. Así mesmo, os lemas, frases ou mensaxes deberán ter unha extensión máxima de 140 caracteres, a que permite esta rede social, e estar escritos en galego.

 

Rematado o prazo de publicación, a Concellería de Igualdade publicará o 6 de marzo os chíos premiados e a partir desa data as persoas premiadas disporán dun prazo de 24 horas para identificarse a través dun correo electrónico enviado a iguadadeogrove8m para poder recibir o seu premio, unha tablet.

 

O 8 de marzo, as persoas premiadas lerán os seus chíos premiados durante acto que se desenvolverá durante os actos conmemorativos do Día Internacional da Muller.

 

BASES DO CONCURSO

 

Sobre os chíos de Twitter

 

Para que o teu Twitter "chíe" en galego: entra en settings e despois en account, logo só tes que cambiar en language para o galego.Anímate!