O Concello presenta as contas da Festa do Marisco no Consello Local de Turismo
Fecha: 2016-01-18
A contas faranse públicas nun encontro coa veciñanza nos vindeiros días.
O Consello Local de Turismo mantivo onte a súa primeira reunión do ano 2016 tendo como punto principal da súa orde do día a presentación das Contas da Festa do Marisco. Na reunión, que comezou ás 17.30 horas, deuse conta do peche de orzamento de turismo, incidindo nos gastos existentes durante o ano 2015 e debateuse sobre a participación no Grove nas feiras de Turismo debido ao elevado custo que isto supón. No relativo ás Festa da Centola, emprazouse a realizar unha reunión específica para falar deste evento e os seus resultados.
Logo dese debate, presentouse un amplo informe que analiza os gastos e ingresos da Festa do Marisco desde o ano 2011 e incide nos problemas detectados no relativo a algunhas partidas tentando indicar posibles solucións que optimicen os recursos. Ademais da revisión do histórico da Festa, deuse cumprida conta dos datos de 2015 partida a partida, facilitando a relación de facturas e a listaxe de gastos e ingresos. Deste xeito, a LII edición da Festa péchase cuns gastos de 497.956,10 euros, que inclúen algunhas facturas de 2014 e máis de 13.000 euros de pagos pendentes á SGAE.
No capítulo de ingresos, a través das vendas da Festa, tanto do produto como da tenda, as subvencións, os patrocinios e concursos foron facturados 424.023,75 euros. Isto supón un saldo negativo de 73.932,35 euros. Inda que a Festa se segue situando en perdas, aplicouse unha corrección moi importante con respecto aos anos anteriores, como se pode apreciar na táboa adxunta.
Desde o Concello do Grove estableceuse un compromiso co Consello Local de Turismo para seguir traballando na liña marcada co obxectivo claro de conseguir unha Festa do Marisco con déficit cero. Ademais, e segundo o compromiso adquirido, as contas serán presentadas pormenorizadamente aos veciños e veciñas e, posteriormente, postas á disposición no apartado de transparencia da web do Concello.
Táboa. Evolución de resultados da Festa do Marisco do Grove
|
CONCEPTO |
2011 |
2012 |
2013 |
2014 |
2015 |
|
Previsión orzamento definitivo |
514.208,00 |
453.331,40 |
525.959,04 |
499.443,75 |
502.476,10 |
|
Diferenza de gasto |
80.108,75 |
66.639,51 |
-4.581,29 |
12.081,06 |
17.324,82 |
|
Investimento efectivo na Festa |
434.099,25 |
386.691,89 |
530.540,33 |
487.362,69 |
497.956,10 |
|
Ingresos totais Festa |
380.224,08 |
315.688,18 |
352.433,57 |
357.022,71 |
424.023,75 |
|
Saldo |
-53.875,17 |
-71.003,71 |
-178.106,76 |
-130.339,98 |
-73.932,35 |