Curso de maquillaxe para a mocidade e xornada de sensibilización sobre a reciclaxe para autónomos e micropemes
Fecha: 2010-09-06
A OMIX anuncia dúas novas actividades que se van desenvolver no noso concello.
A primeira, dirixida á xente nova de entre 16 e 35 anos pertence ao Programa Actívate da Deputación de Pontevedra. Trátase dun curso de maquillaxe e estética que ten unha duración de 30 horas. Impartirase en horario de tarde a partir do 14 de outubro.
A segunda, que terá lugar a tarde do 17 de setembro na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, é unha charla dirixida a sensibilizar e formar os autónomos e traballadores de microempresas, especialmente do sector da hostalería, no tema da xestión e reciclaxe de residuos.