Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Entregados os premios do concurso de pratos condimentados con mexillón Amegrove

Fecha: 2011-10-10

A carpa institucional da Festa do Marisco acolleu na mañá de onte a entrega de premios do concurso de pratos condimentados con mexillón Amegrove, que tivo lugar na tarde do sábado dentro da XXXIII edición da Festa do Mexillón Amegrove, e ao que se presentaron un total de 76 propostas, avaliadas esa mesma noite por un xurado composto pola directora do Intecmar, Covadonga Salgado; o delegado de Turismo de Emgrobes, Rafael Mourelos; a concelleira de Igualdade, Aida Filgueira; o presidente de Amegrove, Francisco Padín; o presidente da asociación Virxe do Carme, Juan Alfonso Oubiña; e a hostaleira Lorena Moldes Outeiro.

 

O premio ao gusto foi para Alba Casal polas súas "filloas recheas de mexillóns", que resultaron merecedoras dun galardón económico de 250 euros. En segundo lugar quedaron situadas as "canas fritas recheas de mouse de mexillóns con aderezo de améndoas e abelás" de Marcelino Franco, quen foi galardoado con 150 euros. O terceiro premio nesta categoría, dotado con 100 euros, foi para Antía Lores polos seus "muffins de mexillóns con mouse de mexillón". O cuarto foi para "pa untar" de Eva Conde, que recibiu 75 euros; mentres que co quinto premio, recompensado con 50 euros, se premiou aos "ovos recheos de mexillón" de Conchita Castro.

 

Na modalidade de pratos con mellor presentación, resultou vencedor a "francesa de mexillóns", de Mónica Cernadas, que recibiu 150 euros; mentres que o segundo premio 75 euros foi tamén para outro prato desta cociñeira, as "cremas de mexillóns"; e o terceiro -50 euros-, foi para os "muffins de mexillóns con mouse de mexillón" de Antía Lores.

 

Ademais entregáronse trofeos aos doce pratos con mellor sabor e ás sete propostas cunha presentación máis destacable.