Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa de actividades e cursos da Concellería de Xuventude

Fecha: 2011-11-29

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove, en colaboración coa Asociación Grovense Asociación de Empresas Educativas e de Lecer (Gael), publica un programa de actividades e cursos para finais do ano que andamos e comezos do que vén.

O  obxectivo deste programa é satisfacer as necesidades de formación e ocio da cidadanía cos recursos que nos ofrecen distintos centros de formación do noso municipio.

 

Aínda que a poboación de destino é a xente nova (de 12 a 35 anos), tamén poderán participar no programa persoas doutras idades, no caso de quedaren prazas libres. En definitva, e para non excluir a ninguén, este programa vai dirixido ás "mentes novas".

 

O prazo de inscrición abrirase unha semana antes da data de inicio de cada actividade.

 

Información e inscrición: na OMIX (Casa Azul), no teléfono 986 730 609 ou en omix@concellodogrove.com

 

Programa de actividades