Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Notable aumento das reclamacións dos consumidores na OMIC o pasado ano

Fecha: 2012-01-09

 

Na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello do Grove en 2011 presentáronse un total de 193 reclamacións por escrito, o que supón un incremento de máis do 80% en relación ao ano 2010.

 

En cambio, as consultas presentadas este ano foron 505, o que significa que descenderon en relación ao ano 2010, no que se presentaron un total de 585.

 

Por sectores, o máis reclamado foi o das telecomunicacións, en concreto o da telefonía móbil, Interenet e fixa, co 60% do total das reclamacións.

 

A electricidade atópase no segundo lugar, co 14% do total, e aumenta en relación ao ano 2010, pero decrecen as consultas.

 

A seguir, o gas, concretamente as reclamacións contra empresas de revisión de instalacións, cun 5% das reclamacións.

 

É significativo o aumento de consultas e reclamacións sobre o sector financeiro, pois temos o dobre que no ano 2011, en que tivemos 3; en 2011 tivemos 6. No tocante ás consultas, o aumento tamén foi importante, xa que pasamos de 15 a 27.

 

Finalmente, cómpre salientar que na OMIC do noso concello non se tramitou este ano ningunha reclamación contra o a hostelería, e as consultas sobre este sector tamén sufriron unha baixada.