Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
Fecha: 2012-02-15
O departamento de Servizos Sociais do Concello do Grove comunícanos que acaba de saír a Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012. (DOG do 15/02/2012)
Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2012.
Persoas beneficiarias:
-
Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2012 (nados entre o 02-01-2009 e o 01-01-2012, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF. No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
-
Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
-
Os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE número 10, do 12/01/2000) e os requisitos establecidos na presente norma e tiveran a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.
Quedan excluídos os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos ou aqueles que teñan fillis e fillas cuxa tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.
Requisitos:
-
Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
-
Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
-
Que por razón dos ingresos obtidos durante o 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.
Documentación:
-
Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
-
Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
-
Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
-
Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
-
Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.
-
Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo II).
-
Declaración de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
-
Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo IV)
Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2011 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.
As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:
-
En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
-
No caso de parellas de feito, certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
-
En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.
Lugar de presentación:
-
Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
-
Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
-
Por vía telemática: Para os solicitantes que teñan sido beneficiarios destas axudas no ano 2011, non teñan variado as circunstancias determinantes do dereito á prestación e non teñan solicitadas ou concedidas outras axudas por fillos/as menores de 3 anos para esta mesma finalidade. Para esta vía de presentación deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda. Unha vez asinada a solicitude co certificado dixital do solicitante procederase á transferencia telemática ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación:
40 día naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde. Ata o 26 de marzo de 2012 (ata o 25 de marzo se se presentan as solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello).
Pode descargar aquí a solicitude: