A Concellería de Deportes presenta o programa Actividade física para todos
Fecha: 2012-10-16
A Concellería de Deportes do Concello do Grove presenta a súa proposta de actividades para este inverno:
PARA XUBILADOS/AS E PENSIONISTAS:
- Ximnasia: actividade física moderada a base de exercicios de mobilidade articular e xogos motores para mellorar o equilibrio, a coordinación, a flexibilidade… Días: martes e xoves, de 9.15 a 10.15 h, no pavillón dos deportes (7 €/mes)
- Piscina: exercicios de mobilidade articular e forza muscular dentro dunha piscina climatizada de auga salgada. A temperatura da auga é moi adecuada para esta idade. Remátase cada sesión cuns minutos de relaxación no jacuzzi e diferentes chorros. Días: luns ou mércores de 9.15 a 10.15 h, no Hotel Louxo (A Toxa) (18 €/mes).
PARA ADULTOS/AS:
- Ximnasia de mantemento para mulleres: xogos motores combinados con circuítos de forza muscular (abdome, pernas, brazos…) nos que se busca facer actividade física nun ambiente divertido. Días: luns e mércores, de 19.45 a 21.00 h e de 21.00 a 22.15 h, no ximnasio do colexio Rosalía de Castro (consultar o monitor nos días de actividade).
- En forma: combina exercicios de fitness ao comezo de cada sesión cun traballo aeróbico para rematar (camiñar a ritmo intenso, trote suave…), ideal para reducir o índice de graxa corporal combinado con alimentacións equilibradas. Tardes: martes e xoves, de 20.00 a 21.15 h e de 21.30 a 22.45 h, no pavillón dos deportes (consultar o monitor nos días de actividade). Mañás: martes e xoves, de 10.30 a 11.45 h, no pavillón dos deportes (2,5 €/sesión).
PARA NENOS/AS:
- Escolas deportivas: diferentes especialidades deportivas nas que colaboramos cos clubs locais: baloncesto, balonmán, fútbol, piragüismo, remo, xadrez…
PARA TODOS/AS:
- Andainas curtas: andainas diarias con monitor, nas que cada participante vai ao seu ritmo facendo un percorrido de aproximadamente unha hora. Unha boa forma de facer exercicio en compañía, e ao facela sempre á mesma hora acaba creando un hábito. Tardes: martes e xoves, de 17.30 a 18.30 h. Saída desde o parque biosaudable de Confín. Mañás: luns, mércores e venres, de 10.30 a 11.30 h, Saída desde o parque biosaudable de Confín.
- Andainas longas: andaina semanal con monitor na que se percorren diferentes zonas da vila, o perecorrido varía entre os 10 e os 15 km, para o que é aconsellable ir provistos de auga e algo para comer se o consideran necesario. Días: sábados, con saídas ás 10.00 h desde o parque biosaudable de Confín.
Máis información na Concellería de Deportes (Casa do Concello) ou no teléfono 657 464 277